Propoñemos as seguintes actividades para a mellora da convivencia mediante o traballo das emocións e prevención e resolución de conflitos :
- Adiviña como me sinto: Panel das caras ou Baúl de alegría ou enfado. Poñer a cara e o nome de cada un, explicando na asemblea como solucionalo e como se sinten.
- O semáforo: antes de actuar calmarse, pensar (luz vermella, laranxa ou verde), para calmarse en momentos de nerviosismo, antes de actuar.
- O recanto das dúas cadeiras: cando hai un conflito van sentar a dúas cadeiras e falan tentando resolvelo, buscando solucións, falan sobre o acontecido. Elixen unha solución.
- Contos e monicreques: os monicreques dramatizan os conflitos que se dan no momento de chegar ao conflito paran e din que lles parece e que farían eles.
- Conto: "La Tortuguita" (dispoñible na rede). Traballa o control da impulsividade e persegue o autocontrol.
- Video Pixar: "Pajaritos" (dispoñible na rede).
- Cadeira de Pensar: cando se comportan mal,van un intre a esta cadeira a pensar como deberían de comportarse e tranquilizarse.
- Dicionario de sentimentos: tras unha observación de láminas onde se expresan sentimentos,establécense conversas e fálase sobre elas (rabia, frustración, agresión, enfado).
- Incharse como globos: levantar os brazos, soprar e baixar os brazos para relaxarse, enrugados como globos desinchados (3 veces).
- Reloxo das emocións con distintas imaxes que expresen distintas emocións. Ante unha historia van cara o reloxo e indican que emoción lles transmite dita imaxe.
- Respirar profundamente e contar de 1 a 10 e de 10 a 1 para relaxarse.
- Dado das emocións (con fotos). Para botar e segundo a emoción que sae deben falar cal é, se eles a sentiron nalgún momento e por que e como a solucionaron.
BIBLIOGRAFÍA DE LECTURA RECOMENDADA
- Ibarrola, Begoña ( 2009 ): Crecer con emoción. SM.
- Marina, José Antonio (2010 ): La educación del talento. Ariel.
- Álava Reyes, María Jesús (2004 ):El no también ayuda a crecer. La Esfera de los Libros.
- Urra, Javier (2013):Respuestas prácticas para padres agobiados. Disfrutar educando. Espasa.
WEBGRAFÍA
- www.educapeques.com/escuela de padres
No hay comentarios:
Publicar un comentario