sábado, 17 de mayo de 2014

Resultados de estudo realizado sobre a influenza das Novas Tecnoloxías no noso alumnado no curso 2012-2013

                  Do estudio realizado sobre a influenza das Novas Tecnoloxías no día a día do noso alumnado, conclúese que a un 46% do noso alumnado lle gusta adicar o seu tempo libre a actividades relacionadas cos medios audiovisuais ,aínda que a gran maioría, e unha proporción casi parella, segue a preferir as actividades na casa ou ao aire libre.
            A maior parte do alumado adica un tempo de entre 1 e 2 horas de media semanal a ver a televisión, pero durante a fin de semana esta media descende e aumenta o tempo adicado a xogar ao aire libre.
            O 90% do alumado non ten televisión na súa habitación. Ven a televisión no salón e o fan cando está mal tempo ou para ver un programa concreto e acompañado dos proxenitores, sobre todo da nai. O horario habitual no que ven a televisión é entre as 4 e as 9 da noite durante a semana e incluso antes de ir ao colexio. Este horario increméntase durante a fin de semana, adicando máis tempo a ver a TV pola mañá e ate máis tarde pola noite. As maiores porcentaxes dos programas favoritos rexístranse en “Peppa Pig”, “Bob Esponja” e “Dora”. As temáticas preferidas son a música, animais e personaxes de ficción.
As tres actividades que mais lle gusta practicar ao alumnado no seu tempo libre: 1ºCasa, 2º Aire Libre, 3º Audiovisuais.



 O tempo de media ao día, durante a semana, que o alumnado adica ás seguintes actividades:

Ver televisión
Xogar vídeo-xogos
Mirar contos
Xogar ó aire libre
0 horas
1%
70,3%
0%
0%
Menos de 1 h
24,1%
16,4%
63,7%
30,7%
Entre 1 e 2 h
51,6%
5,4%
28,5%
34%
Entre 2 e 3 h
14,2%
1%
12%
18,6%
Máis de 4 h
7,6%
0%
3,2%
15,3%

















No hay comentarios:

Publicar un comentario